Dende as xuventudes de Terra Galega consideramos que a formación é o mellor investimento público que unha sociedade pode ofrecer aos seus cidadáns. Tendo ben definida a diferenza entre formación e inculcación de valores (estes últimos son responsabilidade da familia) cremos que as institucións públicas teñen que traballar constantemente por mellorar o noso sistema educativo, optimizando os recursos dispoñibles, adaptándoo ás novas necesidades e problemáticas sociais e abrindo o maior número de titulacións posibles para que os nosos alumnos poidan levar a cabo a súa formación até a fin en Galicia.Propoñemos as seguintes medidas:
- Combater o acoso escolar e actuar coa máxima enerxía nos casos reiterados.
- Nos ciclos formativos dar a oportunidade aos alumnos de pasar dun Ciclo Medio a un Superior mediante a superación duns complementos de formación ou dun curso ponte.
- Traballar para mellorar a calidade do ensino secundario, especialmente os Ciclos Formativos co obxectivo de reducir os índices de fracaso escolar adaptándoos no posible a os sectores estratéxicos e a realidade empresarial.
- Racionalizar a oferta de estudos universitarios e secundarios, ampliándoa aí onde fora necesario e evitando o solapamento de titulacións entre os diferentes campus galegos.
- Ampliar a rede de titores e orientadores laborais e universitarios no bacharelato.
Desde as Mocidades de Terra Galega partimos do feito de que non é o mesmo:
A formación, o ensino, a educación ou a dotación de coñecementos que a inculcación de valores de carácter tanto ético, cívico, solidario ou de respecto cara ao noso próximo.
Consideramos que a formación dun neno/a é e debe de seguir sendo responsabilidade do sistema educativo público, é dicir, da Administración competente en tal área.
Agora ben, do mesmo xeito consideramos que a inculcación dos valores expostos anteriormente deben de ser fundamentalmente responsabilidade dos pais dos nenos ou ben, no seu defecto das persoas que os críen, debendo de actuar o sistema educativo neste apartado como un reforzo complementario á labor dos pais.













