Terá lugar o día 7 de Xuño na Praza de Galicia, e reunirá a un centenar de xóvenes que realizarán diferentes demostracións lúdicas e deportivas. A Concelleira de Mocidade e Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida Rico, presentou en rolda de prensa o primeiro Encontro Local da Mocidade “Enlomos”, que se celebrará o vindeiro 7 de Xuño na Praza de Galicia, en horario de 10 a 20 horas. O evento organizado polo Concello de Narón reunirá a un centenar de xóvenes que realizarán demostracións das actividades que practican a cotío no municipio, e que son as seguintes: freeride, graffitis, música, malabares, patinaxe, moda, e capoeira.Segundo explicou a Concelleira de Mocidade, agárdase a participación dun centenar de rapaces e rapazas, ademais da asistencia como público doutros 150 xóvenes, que poderán participar no que definiu coma “un foro de encontro e intercambio de experiencias”. Este é un dos obxectivos do I Encontro Local da Mocidade, xunto co feito de traballar de cerca coas asociacións xuvenís do municipio, tal e como comentou a Natalia Hermida.O Encontro da Mocidade terá lugar na Praza de Galicia, nun escenario ao aire libre no que se habilitarán espazos diferenciados para cada unha das demostracións. “Para nós resulta importante facer este evento aquí, porque nestes tempos de videoconsolas e Internet, dende o Concello pretendemos que os mozos/as recuperen as prazas públicas como lugar de encontro e intercambio de experiencias”, sinalou Natalia Hermida. O Primeiro Encontro da Mocidade de Narón terá lugar o próximo 7 de Xuño.
Terá lugar o día 7 de Xuño na Praza de Galicia, e reunirá a un centenar de xóvenes que realizarán diferentes demostracións lúdicas e deportivas. A Concelleira de Mocidade e Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida Rico, presentou en rolda de prensa o primeiro Encontro Local da Mocidade “Enlomos”, que se celebrará o vindeiro 7 de Xuño na Praza de Galicia, en horario de 10 a 20 horas. O evento organizado polo Concello de Narón reunirá a un centenar de xóvenes que realizarán demostracións das actividades que practican a cotío no municipio, e que son as seguintes: freeride, graffitis, música, malabares, patinaxe, moda, e capoeira.Segundo explicou a Concelleira de Mocidade, agárdase a participación dun centenar de rapaces e rapazas, ademais da asistencia como público doutros 150 xóvenes, que poderán participar no que definiu coma “un foro de encontro e intercambio de experiencias”. Este é un dos obxectivos do I Encontro Local da Mocidade, xunto co feito de traballar de cerca coas asociacións xuvenís do municipio, tal e como comentou a Natalia Hermida.O Encontro da Mocidade terá lugar na Praza de Galicia, nun escenario ao aire libre no que se habilitarán espazos diferenciados para cada unha das demostracións. “Para nós resulta importante facer este evento aquí, porque nestes tempos de videoconsolas e Internet, dende o Concello pretendemos que os mozos/as recuperen as prazas públicas como lugar de encontro e intercambio de experiencias”, sinalou Natalia Hermida. Comeza a funcionar o autobús nocturno en Narón durante os fins de semana
A Concellería de Mocidade de Narón pon en marcha unha campaña divulgativa para promocionar entre a xuventude o uso do Noitebús os sábados pola noite. Primeira Xuntanza das Mocidades de Terra Galega
No auditorio municipal de Narón, seguido por un cento de rapaces e rapazas chegados desde diferentes puntos da xeografía galega, tivo lugar a 1ª Xuntanza das Mocidades de Terra Galega. O acto foi presentado por Óscar Beceiro, coordinador local das Mocidades de TEGA-Narón que fixo de anfitrión. Trala súa benvida a todos os asistentes fixo un breve discurso o presidente de TEGA, Pablo Padín. A continuación, Óscar Barral presentou o programa das Mocidades para as eleccións municipais. Pecharon o acto Xoán Gato, alcalde de Narón e Coordinador Xeral de TEGA e Marián Ferreiro, Coordinadora Nacional das Mocidades de TEGA. A intervención desta última foi a seguinte:
En primeiro lugar gustaríame agradecervos a vosa asistencia e darvos a benvida ao concello de Narón .
Tamén vos quero dar a benvida ao nacemento das Mocidades de Terra Galega. Quero darvos á benvida ao nacemento deste novo colectivo xuvenil que hoxe bota a andar. Pero tamén vos quero Dar a Benvida AO NACEMENTO DUNHA NOVA FORMA DE VER Galicia. Ao Nacemento dunha nova forma xuvenil de interpretar a nosa terra e, tamén, porqué non, dun novo xeito de sentir e de amar o noso país.
E comezamos dicindo que dende as Mocidades de Terra Galega interpretamos o noso país dende unha perspectiva nacionalista porque cando ollamos para Galicia vemos un pobo, vemos unha terra, vemos unha fala. Porque cando ollamos para Galicia vemos, en definitiva unha nación.
Dende as Mocidades de Terra Galega sentimos e interpretamos Galicia dende unha perspectiva galeguista. Porque nós a diferenza doutros, non estamos dispostos a recibir ordes nin ditados dende outros lugares. Porque a nós o noso ritmo só nolo marcan os rapaces e as rapazas de Galicia.
Dende as Mocidades de Terra Galega sentimos e interpretamos Galicia dende unha perspectiva de centro e progresista , porque cremos cegamente en principios como a solidariedade ou a liberdade individual. Porque cremos cegamente no benestar e no desenvolvemento social, aínda que nunca a costa de vivir por riba das nosas posibilidades.
Dende as Mocidades de Terra Galega sentimos e interpretamos Galicia dende unha perspectiva aberta e non sectaria. Porque polo feito de ser NACIONALISTAS E GALEGUISTAS non nos consideramos máis galegos que os demais. Porque polo feito de ser nacionalistas non cremos que debamos excluír aos que non pensan coma nós, Porque neste país cabemos todos.
Dende as Mocidades de Terra Galega sentimos e interpretamos Galicia dende unha perspectiva europeísta. Porque cremos na Europa dos Pobos e das Nacións e cremos nunha Galicia plenamente integrada nesa Europa. Porque hoxe en día se contan por milleiros os mozos galegos que van a Estudar con becas Erasmus por Europa adiante. Porque se contan por milleiros os rapaces galegos que aprenden outros idiomas. Porque se contan por milleiros os rapaces galegos que van a coñecer Europa por InterRaíl ou liñas aéreas de Baixo custo. Porque nestes últimos tempos o noso ámbito de movemento ampliouse ata alcanzar todo o noso continente. Porque hoxe en día Europa é o noso novo gran ámbito natural por onde desenvolvernos.
Dende as Mocidades de Terra Galega sentimos e interpretamos Galicia desde unha perspectiva ecoloxista porque cremos no desenrolo que asegura as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións para enfrontarse as súas propias necesidades. Porque cremos na previsión para os desastres ecolóxicos Porque estamos fartos de mareas negras no mar e nos montes ..Estamos fartos do pasotismo do goberno porque a única solución que tería a outra catástrofe deste tipo sería enviar de novo os mozos a limpar as praias e apagar os lumes.
Ben, e todo isto do que estamos a falar... O feito de interpretar a nosa terra en clave galega, nacionalista, centrista, aberta e europeísta, aínda que poida parecer algo obvio e incluso de sentido común , é algo que a día de hoxe só nós (repito, so nós) lle podemos ofrecer á xuventude galega.
Porque aínda que Terra Galega apenas teña un ano de vida, xa é a formación máis representativa da sociedade galega, onde a maior cantidade de xente pode ver reflectidas ás súas ideas e os seus sentimentos. E isto, tamén acontece a nivel xuvenil.
Empezamos falando sobre o noso xeito de interpretar a nosa terra. Falemos agora da Galicia e da xuventude Galega que queremos. E pra iso debemos cuestionar previamente as políticas destes últimos anos que levaron á nosa mocidade a situación na que se atopa. A unha situación moitos casos crítica, porque senón non tería sentido que tantos mozos e mozas se nos estean a marchar fóra .
Habería que preguntarlle aos que nos estiveron gobernando estes últimos quince anos se saben que 130 mil persoas, na súa inmensa maioría mozos e mozas tivéronse que ir a traballar fóra da nosa terra como consecuencia das súas políticas inoperantes e incompetentes.
Senón o saben que se dean unha volta ,por exemplo, por Fuerteventura porque un terzo, un terzo dos habitantes desa illa son galegos e galegas que se marcharon para alí durante os seus 15 anos de mandato, porque en so quince anos os galegos pasamos a representar a máis do 30% dos habitantes desa illa.
Pero se xa e preocupante que durante estes últimos anos milleiros de rapaces galegos se marcharon a traballar como man de obra barata, máis preocupante é que os nosos traballadores mellor cualificados e formados tamén se nos están a marchar fóra porque eses rapaces estaban predestinados a liderar a Galicia das vindeiras décadas .
Un bo xeito de probar isto último do que estamos a falar foi a presenza fai uns días na escola de enxeñeiros de Ferrol dunha representante do goberno noruego que veu aquí para levarse para a súa terra os nosos mellores enxeñeiros. Nós formámolos outros lles sacan proveito.
Pero isto non é nada novo porque por desgraza na nosa terra dende hai moito tempo somos expertos en xerar riqueza para que sexan outros os que a rendabilicen .Porque por desgraza na nosa terra levamos durante décadas e séculos facendo ricos ós demais.
Só así se pode explicar que producindo o 50% da madeira de todo Estado, apenas fagamos o 5% dos mobles que é o que xera riqueza e postos de traballo de calidade. Nos producimos madeira, madeira para que os cataláns e valencianos se poidan enriquecer facendo mobles.
Só así se pode explicar que producindo case o 40% do leite en España, apenas produzamos derivados lácteos. Nos producimos leite, leite para que os asturianos ou os castellanos se poidan enriquecer elaborando iogures ou queixos.Só así se pode explicar que sendo o primeiro produtor de enerxía as compañías eléctricas non paguen nin unha mínima parte dos seus impostos na nosa terra. Nós xeramos a enerxía, enerxía para alimentar as industrias doutros. Nós xeramos enerxía, enerxía para que as compañías eléctricas tributen e teñan a súa sede fiscal en Madrid.
Só así se pode explicar que tendo unha refinería (cos riscos que iso implica) e que no seu día indirectamente provocou os accidentes de petroleiros como o Urquiola ou o Mar Exeo teñamos a gasolina máis cara de todo o estado. O litro de gasolina nunha gasolineira en Arteixo (o lado da refinería) é máis cara que en calquera gasolineira do Centro de Madrid.
Como podedes observar non é fácil ser novo nos tempos que corren, non é fácil porque nunca nolo puxeron tan difícil porque nunca houbo en Galicia unha xeración tan estudada e tan ben formada pero ó mesmo tempo tan mal remunerada porque todos sabemos que con cincocentos setenta e un euros que é o salario mínimo vixente non se vai a ningunha parte nin se poden ter perspectivas de futuro.
Porque todos sabemos que os mozos nunca o tiveron tan difícil para poder acceder a unha vivenda porque se fai 25 anos co salario duns poucos anos se podía comprar un piso hoxe en día fan falla unha media de 25 para rematar de pagalo.
Hai xusto 25 anos nacía unha formación política, que salvando as distancias do tempo podería ser o equivalente do que hoxe é Terra Galega. Ese partido, nacía cun lema: " Fagámonos respectar, fagámonos escoitar". Pois ben, hoxe, un cuarto de século despois a mocidade galega debe facerse respectar e mais que nunca debe facerse escoitar.
Facerse escoitar e facerse respectar porque nunca antes tantos mozos e mozas galegos o tiveron tan difícil para poder mercar unha vivenda. Porque nunca tantos mozos e mozas galegos Estudados e ben formados se tiveron que marchar a traballar a outros lugares.
Os mozos e mozas galegos debémonos facer respectar loitando. Loitando contra a falta de horizontes, contra a falta dun futuro prometedor. Loitando contra a vella e claudicante actitude das forzas políticas estatais. Loitando contra a chamada razón de Estado, que, curiosamente, case sempre prexudica á nosa terra. Loitemos contra a desgana, contra a submisión, contra o abandono, contra a resignación, contra a covardía. Loitemos pola nosa terra.
Loitemos con compromiso, con dignidade, con orgullo, con valor, con forza, con carraxe e, porqué non, loitemos tamén con rebeldía. Sede todos benvidos a este primeiro encontro das Mocidades de terra Galega, porque hoxe é o comezo simbólico Da nosa loita colectiva. Porque hoxe comeza a nosa loita para que polas entrañas deste vello país siga correndo sabia nova.
As Mocidades de TEGA-Carballo basean a súa acción política na vivenda e o emprego
As Mocidades de Terra Galega por Carballo, a agrupación xuvenil do actual CDI, celebrará unha reunión este venres, a partir das 21.00 horas, á que están convidados todos os mozos «centristas » do municipio. A convocatoria é consecuencia da última xuntanza da comisión xestora, na que se elaborou unha declaración de intencións que terá que ser ratificada polos asistentes á asemblea xeral.No documento, as Mocidades de Terra Galega por Carballo traza as liñas xerais da súa acción política, que se centrará en urbanismo e vivenda, emprego, educación e deporte, e sanidade. Con respecto ao primeiro piar, a proposta consiste en actuar dunha forma decidida en política de vivenda a través de medidas como a creación dunha oficina municipal para a información e xestión de axudas, a esixencia de que todos os polígonos en solo urbano e urbanizable respecten «os estándares mínimos xa recollidos na lei de edificabilidade para actuacións de vivenda protexida» e a posta en marcha dunha bolsa de aluguer na que poderán inscribirse os propietarios de pisos baleiros.
En materia laboral, para os mozos de Terra Galega é imprescindible acadar máis solo industrial para evitar a emigración de xente nova «para labrarse un futuro laboral». Nese sentido aposta por facilitar a instalación de empresas, sen caer no «todo vale».
De igual xeito, as accións en educación e deporte van encamiñadas a afianzar poboación e a crear «bos cidadáns». E para iso, a agrupación aposta polo apoio ás entidades e escolas deportivas, o reparto «equitativo» de subvencións, a utilización «racional» das instalacións e a participación activa nos consellos escolares, ademais da creación de servizos como garderías.
Por último, a declaración refírese a necesidades sanitarias como o hospital comarcal, pero prioriza «o problema dos facultativos », de xeito que o PAC da localidade sexa dotado de máis persoal e que se constrúa un novo centro de saúde en Sofán «para desconxestionar o de Carballo».
Deporte
Para hoxe tamén están convidados no restaurante Punta del Este, ás nove da noite, todos os representantes do movemento deportivo do municipio carballés. O CDI-Terra Galega pretende presentarlles as súas propostas de cara ás vindeiras eleccións municipais, e para iso terá na mesa presidencial aos seus representantes en entidades e empresas deportivas, Antonio Longueira Casais, Xosé Antonio Vilariño e Andrés Eirís, ademais do líder e candidato do partido, Manuel Andrade.
TEGA-Marín invita aos mozos a integrarse na súa grupación xuvenil
O portavoz local de Terra Galega anunciou onte que mañá terá lugar na biblioteca de Marín, a partir das 12 horas, o acto de fundación e de presentación das Mocidades desta forza política neste municipio.Este acto público estará a cargo do coordinador local Celestino Santiago Arias e no mesmo elixiranse ao presidente, secretario e contador. Pechará o acto o coordinador nacional Xosé Lois Vilas Martínez.
Mocidades da Terra Galega ten como obxectivo conseguir implantarse entre os mozos do municipio, conscientes do seu papel para «o presente e futuro da nosa sociedade».
Constitución das Mocidades de Terra Galega
No Consello Político da Dirección Nacional de TERRA GALEGA, ven de aprobarse a constitución do grupo das Mocidades de Terra Galega, quedando nomeada como Coordinadora e responsable da organización xuvenil, Marián Ferreiro Díaz, da agrupación local de Narón.



