O traballo é unha preocupación para milleiros de xóvenes e non tan xóvenes. A idade de emancipación vai camiño de superar os 35 anos: hai xente moza que se casa para poder pagar a hipoteca do piso na nova modalidade do “matrimonio de conveniencia..,” hai xente moza que ten dous traballos en vez de un, porque con un (dos de oito horas ao día) non dá para todo… Así, vivimos centos de persoas xóvenes en Arteixo. ¿A que é debida esta situación??, ¿Por que o desemprego é máis alto entre a xente moza?? Esta é unha das moitas preguntas que como diplomada en Relacións Laborais, me plantexo case a diario. Eu imaxino que será porque se nos coloca nun mercado moi competitivo e, polo tanto, moi inxusto. Porque da vocación mellor non falar, xa que iso é algo que quedou no baúl dos soños adolescentes: se queremos ser enxeñeiros de camiños, poñemos os cóbados como posesos estudando noites interminables, pero sabemos que despois, iso que chaman o "mercado laboral", soamente dá para gañar pouco máis ou menos mil euros como administrativo nas empresas de mellor reputación, ¿para que nos serve a nosa vocación?? Esas son as expectativas de emprego que temos a xente moza hoxe en día. E, ¿que se fai dende a nosa política local, dende o noso concello, para mellorar esta situación?? Esta é outra das moitas preguntas que como diplomada en Relacións Laborais, me plantexo tamén case a diario. E a única resposta que tristemente atopo é “NADA”.
“Empregar a xóvenes custa menos porque saben menos”. Ofrecer xente xoven barata non pode ser a opción dun concello que queira medrar económica e socialmente, porque estaría perpetuando un círculo vicioso. A xente moza que traballa a tempo completo con salarios moi baixos e sen beneficios sociais, non é tampouco unha opción válida. A pronta captación de profesionais para cargos que demandan experiencia, tampouco é unha opción porque ocupan empregos que non lles corresponden e, ademais fano antes de tempo, deste xeito só se consegue que os profesionais, sexan cada vez máis baratos. É dicir, a única opción válida é facer unha política social de xuventude, non vendo á xente moza só como un complemento económico senón convertíndoa nun elemento central do desenvolvemento municipal.
Esta épica laboral debe comezar a resolverse dende dentro, dende a política local, dende o noso Concello, dende as mesas de negociación… aínda que os exércitos de mileuristas, as hipotecas e o endebedamento crecente da xuventude, pode poñer esta mesa patas arriba. ¿Que nos queda por facer ás mozas e mozos de Arteixo??, ¿Converternos nun grupo de xóvenes descolocados, desocupados e desasosegados?? A alternativa, evidentemente, ten que ser outra. Non estaría mal empezar por ter un espazo para a xuventude que tivera como obxectivo o asesoramento, a orientación e a formación dos xóvenes para facilitar a súa emancipación e que poidan proxectar un futuro profesional consolidado. Tampouco estaría mal fortalecer a participación política dos e das xóvenes, para aumentar as súas capacidades de involucrarse en asuntos económicos, sociais, culturais, xurídicos e de outro tipo que afecten ás súas condicións de vida e de traballo. Pero, en Arteixo, de momento, aínda segue predominando o xeito tradicional de administración local, baseado na xerarquía, na competencia, no recelo entre compañeiros, o grupismo, a negación do conflito, os favores e a desconfianza. Prevalece a excusa evidente ou disfrazada para non volver visibles e públicas as actividades e as ideas que a sustentan; non existe o hábito do debate aberto e democrático sobre os proxectos que se queren por en marcha... Isto, evidentemente, non favorece que nós, os xóvenes, a xente coma ti e coma min, se motiven por formar grupos de traballo, se motiven ante as iniciativas propostas. Ben pode ser isto porque non están ben plantexadas, ou porque aínda non están maduradas as condicións ou porque aínda non estamos preparados... Por iso, o que nós precisamos é unha xestión de "funcionamento", de manexar o que hai, manexar os recursos, non propositiva, sen riscos, só de adecuación ás novas necesidades, aos requisitos ou ás demandas impostas pola sociedade actual na que nos tocou vivir.
O que eu vivo en Arteixo é unha administración sen proxecto, sen proposta, ou sexa unha dirección de “mantemento” na que a súa capacidade só serve para facer que as cousas continúen como están ou que melloren só para uns cuantos, pero as propostas non teñen realmente ningunha dirección, é a dirección da “inercia”, como di Álex, o meu compañeiro de partido. A inercia do funcionamento gáñalle á posibilidade de dar algunha identidade aos posibles proxectos dirixidos á xuventude. É dicir, para min, a actual administración do noso concello non ten sentido algún nos tempos que corren.
Agora aparece un novo discurso para a xestión: TERRA GALEGA (TEGA), que vai deixar atrás ese xeito tradicional de goberno local. TEGA, preséntase como modelo de xestión: o discurso ao servizo da xente de Arteixo (nenas, nenos, xóvenes e non tan xóvenes), de xestión polos resultados, medidos por indicadores, a autoavaliación, o autocontrol (os indicadores sobre o que nos “autoavaliamos” non os colocamos nós), o control da eficacia… Por iso me gustou o programa desta nova alternativa, deste novo partido; por iso estou nesta lista de candidatos, por iso e porque, como traballadora mileurista que son, só vin neste partido un verdadeiro interese por dar un impulso á xente moza, un impulso a esas necesidades e demandas reais que temos, (vivenda, emprego, formación, etc…).
Cando empecei a escribir este texto, o meu obxectivo era o de “explicar brevemente” a maneira en que TEGA quere implicarnos á mocidade no seu xeito de gobernar, pero vexo que é moi complicado definir, nun texto de opinión coma este, un xeito de achegamento dos xóvenes a toda esta “movida” política; sobre todo se temos en conta que ademais nunca, ata o de agora, se nos tivo en conta para semellante cousa. O único que se propuxo, ata o día de hoxe, en Arteixo NUNCA foi obter "un resultado acabado”, senón que se puxeron en marcha moitos “comezos" que nunca deron os seus froitos porque NUNCA se contou cos verdadeiros protagonistas, cos realmente interesados, cos xóvenes. Polo tanto, fago dende aquí un chamamento aos mozos e mozas veciños deste concello para por en marcha unha serie de iniciativas para que "as necesidades que os xóvenes non encontramos satisfeitas, poidan ser tidas en conta".
En TEGA, contamos coas túas ideas, contamos contigo!!

