Comunicado das mulleres das Mocidades de TEGA ante a conmemoración desta data. Aínda que o avance da muller na sociedade semella imparable desde hai uns anos, o certo é que esta segue nun situación de forte desventaxa respecto da dos homes. Na nosa terra traballan 470.000 mulleres fronte a 630.000 homes, recibindo ademais a cambio un 30% de salario inferior por desempeñar o mesmo traballo. As tarefas domésticas séguenas realizando maioritariamente as mulleres e os roles sexistas continúan pesando coma unha lousa na nosa sociedade.Nós, as mocidades de TERRA GALEGA, ante a celebración do día Internacional da Muller Traballadora queremos manifestar que:
1.- Aínda que as mulleres e a mocidade en xeral estamos máis cualificadas; formadas e con capacidades para acceder ao mercado de traballo atopámonos con diversas barreiras. Somos, a pesar da nosa valía, as protagonistas das listas do paro, de precariedade laboral, cos nosos contratos temporais e parciais, aceptando empregos de pouca cualificación e de baixos salarios e sendo en moitos casos vítimas de acoso laboral e sexual.
2.-Continúa pervivindo na sociedade en xeral, e polo tanto na conciencia de moitas mulleres, que nos debemos a un rol que de sempre nos foi inculcado de servidume, de sumisión, de servizo aos demais que logra que cando nos formamos e buscamos emprego o fagamos naquelas tarefas menos valoradas socialmente, ainda que seguramente son pouco valoradas porque nelas estamos as mulleres, polo que reivindicamos que as tarefas do coidado, do agarimo, do fogar teñen que ser compartidas e valoradas nun exercicio de corresponsabilidade entre ambolos dous sexos. Sabemos que os intentos de modificación dos roles familiares tradicionais corren o risco de provocar casos de violencia doméstica tanto psicolóxica como física, algo que dende todos os ámbitos da sociedade temos a obriga de combater para erradicar dunha vez esta forma de terrorismo que día a día trunca a vida de moitas mulleres en todo o mundo. A independencia económica, a autonomía persoal e unha maior conciencia social son elementos fundamentais para acabar cunha lacra que avergonza a todo unha sociedade do século XXI.
3.- Solidarizamosnos coas mulleres que están a ser inculpadas pola xustiza por ter exercido o dereito a decidir a interrupción do seu embarazo en clínicas privadas porque o Servizo Público de Saúde non está garantindo que se poida ejercer o dereito ao aborto gratuito.
Por todo isto reivindicamos :
- A creación de Xuntas de Arbitraxe contra discriminación laboral directa e indirecta.
- A concienciación dende a escola e dende a familia, mediante unha educación transversal que apareza recollida nas curriculas educativas para propiciar a igualdade, regularizando nos contidos do ensino obligatorio a educación para unha sexualidade en liberdade, contidos tendentes a mellorar a autoestima, a asertividade e o empoderamento das mulleres.
- Unha lei que garanta a interrupción voluntaria do embarazo para evitar a obxección de conciencia no servizo público de saude.
- A formación, información e sensibilización de todos/as os /as profesionais relacionados coa protección das mulleres con risco de violencia doméstica, para que sexan verdadeiros garantes de seguridade para as mesmas.
- O dereito a igualdade real de lesbianas e gais e a non imposición dun único modelo de familia.
Sabemos que hai moítisimo máis que reivindicar como mulleres, pero este 8 de marzo, queremos destacar estes puntos, coñecedoras de que a nosa loita afecta a todos os eidos da vida nos que queda moito por facer para acadar a mellora da situación social, laboral, cultural, política…das mulleres.
Sabemos que hai moítisimo máis que reivindicar como mulleres, pero este 8 de marzo, queremos destacar estes puntos, coñecedoras de que a nosa loita afecta a todos os eidos da vida nos que queda moito por facer para acadar a mellora da situación social, laboral, cultural, política…das mulleres.

