No Consello Político da Dirección Nacional de TERRA GALEGA, ven de aprobarse a constitución do grupo das Mocidades de Terra Galega, quedando nomeada como Coordinadora e responsable da organización xuvenil, Marián Ferreiro Díaz, da agrupación local de Narón. Neste mesmo Consello Político, ratificouse a proposta presentada polas Mocidades de TEGA, cara á súa implantación e desenvolvemento en Galicia, baseado nos seguintes puntos:
Elaboración dunha base de datos con información de contactos, a nivel galego, da mocidade, establecendo un programa de reunións de contacto e traballo.
Elaboración dun plan de traballo de Formación (Documentos e Charlas).
Elaboración de Bases programáticas para as Mocidades, cara á inclusión de temas xenéricos nos próximos comicios municipais.
Elaborar unha proposta das Mocidades de TERRA GALEGA, para entregar á Xunta de Galicia, na cal se recollerán as aportacións e suxerencias dos nosos xoves, en canto a asuntos laborables, sociais, da muller, xuventude, educación e cultura, cara á reunión do Consello de Ministros da Unión Europea do próximo semestre, no que Galicia vai a exercer de portavoz e representante do conxunto das Comunidades Autónomas Europeas

