As xuventudes de Terra Galega apostamos por un desenvolvemento sostible que permita manter o noso ecosistema e diversidade de flora e fauna porque iso é un valor en si mesmo. Fuxindo de previsións catastrofistas, vemos con preocupación o aumento de CO2 na atmosfera e o crecente nivel de contaminación.En Galicia sufrimos durante os últimos anos grandes catástrofes contra o noso ecosistema. O tristemente célebre afundimento do Prestige e a vaga de lumes do verán de 2006 evidenciaron a falla de preparación das administracións ante situacións de emerxencia.
Como medidas encamiñadas a manter o noso medio ambiente, propoñemos:
- O cumprimento do principio de que, quen contamina, paga. Máis inspeccións contra as empresas contaminantes.
- Saneamento integral de todas as rías e ríos de Galicia.
- Levar a cabo a plena implantación de transporte urbano menos contaminante en todos os concellos e áreas urbanas de Galicia.
- Implantación de enerxías renovables nos edificios de carácter público e institucional.
- Declarar a Galicia zona desnuclearizada.

