A secular situación de Galicia como fisterra europea ten un condicionamento xeográfico pero ten en moita maior medida un condicionamento político. O illamento de Galicia como centro de poder político dende finais da Idade Media provocou que os accesos ao noso país dende o exterior fosen deficientes e que as comunicacións interiores seguisen a mesma pauta. Se Galicia non quere perder o tren da globalización hai que investir en transportes e asegurar un acceso dende calquera extremo de Galicia ao eixo atlántico en menos de dúas horas, así como redes de transporte público áxiles nos nosos concellos, tanto nas grandes cidades (Vigo e A Coruña) como nos concellos rurais.- Fomentar o uso da bicicleta creando carrís/bici nas nosas poboacións.
- Apostar polo transporte público como alternativa.
- Os concellos deben apostar por crear liñas de autobuses que percorran as diferentes parroquias e núcleos do seu territorio e resumen poñer en relación o transporte público coa expansión das áreas metropolitanas
- Finalización inmediata do Eixo atlántico ferroviario e da conexión de Alta Velocidade Lubián - Ourense en 2010.
- Creación dunha empresa pública de Camiños de Ferro en Galicia que asuma as actuais liñas de RENFE e FEVE en Galicia e que traballe para crear redes de cercanías naqueles núcleos importantes que non a teñen.
- Axilizar os proxectos de metro para as cidades de Vigo e A Coruña e de tranvías no resto das cidades galegas.Tamén tratar de enlazar a rede vial cun metro de superficie

