Fai click na táboa para visualizar mellor os datos.Ante o anuncio hai poucos días do presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, no que anunciaba a suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) de 570.3 a 600 € para o ano que principia, dende as Mocidades de Terra Galega queremos expoñer:
1º Que a subida que dende o goberno central cifran no 5,2% non se axusta a realidade, ou alomenos é enganosa xa que co incremento do IPC que se rexistrou no pasado 2007 do 4,3%, a suba real do SMI é dun simbólico 0,9%. Ademais disto tamén hai que deixar claro que a cifra de 600 € do SMI é unha cantidade en bruto. É dicir que se lle descontamos as cotizacións sociais, realmente o SMI quedará reducido a uns 560 euros netos.
2º Que o SMI en Galicia e no Estado Español non se axusta, nin de lonxe, coa realidade social e económica do país. A mellor maneira de comprobar isto é comparando a renda per cápita e o SMI estatais cos dos outros países da UE onde hai establecido por lei un salario mínimo. Así, mentres que un cidadán medio español produce un PIB ou riqueza media cercana á dun francés, alemán ou británico, este recibirá a cambio entorno á metade do salario mínimo que estes perciben. Máis rechamante aínda é o feito de que malia xerar máis riqueza por habitante que en Italia, aquí o salario mínimo sexa moi inferior ao do país transalpino.

3º Do mesmo xeito, dende as Mocidades de TEGA queremos denunciar o electoralismo propagandístico que o goberno socialista practica no que se refire a políticas de tipo económico enfocadas á mocidade, chegando a caer ás veces no máis absurdo e puro efectismo, como acontece neste caso no que, ademais de intentar “venderlle” á mocidade unha suba que non é tal, pasa ademais por alto a situación que se dá nos países veciños e que nos deixa nun moi mal lugar.
4º Dende as Mocidades de TEGA consideramos que se realmente se quere axustar o SMI á realidade socioeconómica do país, este deberá de empezar a medrar proporcionalmente ao crecemento que experimentou a nosa renda per cápita nos últimos anos respecto da do resto de países da UE-15, ata acabar converxendo coa destes estados no prazo máximo dunha década. Iso si sería unha suba real e acorde cos tempos que corren. O resto non é máis que subidas simbólicas que semellan máis unha propina do Nadal que un incremento digno e coherente.
Fonte: Eurostat. Datos ata o comezo do ano 2007 / * Na Alemaña non existe un SMI establecido, é unha media dos salarios máis baixos
** En Italia existen distintas categorías de SMI. Media das diferentes clases de SMI.