8. SEXUALIDADE- Programa Mocidades de TEGA - Municipais´07

Cremos que dende as institucións públicas hai que afrontar a educación sexual dende unha óptica o máis aberta posible e fuxindo de ningún tipo de prexuízo moralista. É importante incidir na información aos nosos xoves dende os institutos e centros de planificación familiar gratuítos para previr embarazos non desexados e enfermidades de transmisión sexual, posto que é alarmante o número de embarazos non desexados entre menores de idade que acontecen, sobre todo, por unha información deficiente ou descoñecemento dos métodos anticonceptivos.

- Programas de información sobre sexualidade no ensino secundario sobre temas como o embarazo non desexado,enfermidades de transmisión sexual, métodos preventivos.

- Rede asistencial de planificación familiar gratuíta, universal e accesible.