9. SEGURIDADE VIAL- Programa Mocidades de TEGA - Municipais´07

É esencial afrontar a instrución dos futuros condutores como ferramenta básica non só para evitar accidentes de tráfico, senón tamén para formar persoas cívicas e respectuosas co seu entorno; da mesma maneira, hai que conxugar e formación coa máxima contundencia cos infractores reincidentes.

Dende as xuventudes de Terra Galega propoñemos:

- Radares nos puntos negros non so con afán recadatorio.


- Fomento da educación vial, clases didácticas coas persoas que sufriron en primeira persoa accidentes de tráfico: adquirir concienciación e aprecio pola vida desde novos.

- Pistas de automobilismo de carácter deportivo e didáctico.

- Nas infraccións cometidas pola xente nova trocar parcialmente as sancións económicas por traballos de carácter social á comunidade.