7. DROGADICCIÓN / ALCOHOLEMIA - Programa Mocidades de TEGA - Municipais´07

Nas xuventudes de Terra Galega partimos da base que o individuo é autónomo e responsable por si mesmo; rexeitamos as posturas paternalistas que as administracións públicas empregan coa temática das drogas. É preciso empregar a pedagoxía e ofrecer aos nosos xoves un coñecemento amplo dos efectos das sustancias.

Nas xuventudes de Terra Galega avogamos por:

- Partir do principio da liberdade e da responsabilidade individual.

- Eliminar toda lexislación autonómica ou ordenanza local que restrinxa o consumo de alcohol na vía pública nos maiores de 18 anos.

- Introducir programas de información no ensino secundario que expliquen os compoñentes tóxicos das drogas e que expliquen as consecuencias dunha adición; insistir no concepto de responsabilidade individual.(tendo reunións con xente que o sufriu e as consecuencias que tivo na sociedade que o rodea).

- Facer unha política continua de controis rigorosos nos distribuidores e subministradores de bebidas alcohólicas así como nos locais nocturnos contra á venda de alcol adulterado.
Programas de desintoxicación e reinserción para drogodependentes cunha rede pública de centros especializados