5. FILLOS - Programa Mocidades de TEGA - Municipais´07

Galicia é unha das sociedades máis envellecidas do mundo. A actual pirámide demográfica unida ao baixo volume de inmigración actual imposibilita o mantemento dun sistema autónomo de prestacións sociais sen depender das transferencias externas. Dende as xuventudes de Terra Galega cremos que cómpre apostar abertamente por unha política de protección á familia que rache coa actual situación en que un fillo é un artigo de luxo que hai que pagar. Hai que reverter a actual situación en que España é o Estado da Unión Europea que menos axudas públicas ofrece por fillo.

Propoñemos as seguintes medidas:

- Consagrar como un dereito universal os comedores escolares.

- Facilitar a todos os nenos dende o seu nacemento o acceso a unha escola infantil pública, así como facilitar a súa creación en parques empresariais,ou en agrupacións de pequenas empresas.

- Fomentar unha nova mentalidade que permita conciliar a vida laboral coa familiar mediante campañas de concienciación institucionais