A encaixe da xuventude galega no mercado laboral é un dos grandes desafíos que a día de hoxe hai en no noso país. Se é importante asegurar un ensino de calidade para a xuventude, éo igualmente conseguir que ese capital humano poida desenvolver os seus coñecementos e as súas capacidades en Galicia. O fenómeno da emigración masiva de titulados universitarios, típico dos nosos días, supón unha dobre lacra para a nosa sociedade porque perde poboación pero a maiores perde un valor engadido que foi creado en Galicia e que rende fóra do noso territorio.O goberno galego ten que facilitar axudas para que os nosos xoves poidan acceder a un emprego digno sen que iso supoña crear unha rede de mecanismos de control clientelar. Hai que conxugar os mecanismos de política fiscal de que dispoñemos coa existencia de organismos autónomos como o IGAPE para fomentar a creación de novas empresas; por outra banda, hai que propor un gran pacto nacional polo emprego xuvenil entre empresarios e as universidades galegas para acadar o obxectivo da plena ocupación.
Finalmente, é igualmente importante que o traballo que desenvolven os nosos mozos sexa de calidade, que lles permita poder autorealizarse e que cumpra todas as condicións de seguridade necesarias; hai que declarar a guerra ao fenómeno da sinistralidade laboral cada día máis presente.
Dende as xuventudes de Terra Galega propoñemos:
- Levar a cabo unha política transversal de axuda aos emprendedores coas seguintes medidas:
i. Estudos mercado; creación de novas especialidades de acordo coa demanda existente en cada momento
ii. Créditos do IGAPE
iii. Viveiros de empresas
iv. Exencións fiscais
v. Mecanismos de delimitación do campo laboral segundo a titulación superada.
- Fomentar os convenios entre as universidades, ciclos formativos e empresas para facilitar o 1º emprego.
- Promoción de axudas para evitar a fuga de capital humano de Galicia.(sobre todo de cerebros)
- Intento de convenios empresariais para fomentar a inserción de persoas discapacitadas

