A histórica situación do idioma galego como lingua periférica e a política de xenocidio cultural contra o galego practicada polo réxime franquista xeraron unha situación na que empregar o idioma galego era un atranco para ascender na escala social. Coa chegada da autonomía houbo cambios de xeito parcial nas novas institucións galegas, mais na administración do Estado en Galicia, no Poder Xudicial, en varias Deputacións Provinciais e en moitos dos concellos persistiu o tratamento diglósico cara ao galego. Todo elo ten contribuído a que a día de hoxe o galego estea considerado pola UNESCO como idioma en risco de desaparición de non se reverter a actual tendencia de perda de falantes nas xeracións máis novas.O galego é hoxe un idioma que ten a capacidade de ser o medio de comunicación de máis de 200 millóns de persoas espalladas por todo o mundo. Se aceptamos de maneira obxectiva a opinión de diversos lingüistas de difusión internacional chegamos á conclusión de que o galego é un idioma inserido no sistema lingüístico da lusofonía e que, polo tanto, é unha ponte privilexiada para a rápida aprendizaxe do patrón portugués culto, o que nós dá a posibilidade de sermos unha nación que pode ter contacto lingüístico con máis de 600 millóns de persoas mediante o coñecemento do galego e do español e coa práctica totalidade da poboación mundial se a esas lle engadimos a aprendizaxe do inglés.
Dende a nosa organización, avogamos por:
- Asegurar o cumprimento da lexislación lingüística vixente en materia de ensino e suprimir, se é necesario, os concertos a aquelas escolas e institutos que a sigan a incumprir.
- Co obxectivo de asegurarmos unha verdadeira igualdade legal dende o eido lingüístico para a poboación galegofalante, reclamamos a obrigatoriedade de coñecer o idioma galego para todos os cidadáns de Galicia.
- A total galeguización dos documentos administrativos dos concellos que conten con alcalde do noso partido.