11. OFERTA CULTURAL/DEPORTES - Programa Mocidades de TEGA - Municipais´07

De pouco serve unha formación de calidade se logo non facilitamos un acceso aberto e gratuíto dos nosos cidadáns ás actividades culturais; os concellos e administracións públicas teñen que apostar, dende as súas posibilidades, por facilitar o acceso dos xoves galegos ás mesmas. Do mesmo xeito, hai que aplicar o principio de mens sana in corpore sano e fomentar a práctica do deporte entre os nosos xoves como investimento de futuro e hábito saudable.

Propoñemos:

- Programas de TV para a xente nova en horario infantil.

- Valorar a práctica do deporte como sinónimo de vida san, e implicar ás diferentes institucións galegas para investir en pavillóns, campos de atletismo, equipas escolares...

- Rede de bibliotecas de promoción autonómica con servizos de videoteca con material de interese cultural dificilmente asumible polos medios comerciais

- Fomento e revalorización da cultura tradicional facendo atractiva para as novas xeracións co fin de garantir a súa pervivencia.