TEGA-Marín invita aos mozos a integrarse na súa grupación xuvenil

O portavoz local de Terra Galega anunciou onte que mañá terá lugar na biblioteca de Marín, a partir das 12 horas, o acto de fundación e de presentación das Mocidades desta forza política neste municipio.

Este acto público estará a cargo do coordinador local Celestino Santiago Arias e no mesmo elixiranse ao presidente, secretario e contador. Pechará o acto o coordinador nacional Xosé Lois Vilas Martínez.

Mocidades da Terra Galega ten como obxectivo conseguir implantarse entre os mozos do municipio, conscientes do seu papel para «o presente e futuro da nosa sociedade».