As Mocidades de Terra Galega somos un grupo de mozos e mozas galegos con orgullo de selo e cunha inquedanza política que nos levou dende distintas procedencias a converxer nun novo proxecto político que consideramos imprescindible para o noso país. Pensamos que Terra Galega é o partido que ven normalizar a política galega.
Somos nacionalistas sen complexos, moderados, tolerantes, abertos ao diálogo, defensores dunha cultura de paz, sen fanatismos nin posicións extremas que a nada conducen.
Queremos ser a voz galega dos mozos e mozas do século XXI; a voz dos que temos a obriga de proxectar esta vella Nación cara un futuro no que se atope á altura das grandes nacións e pobos europeos, nunha Europa dos Pobos unida, aberta e garante da paz no mundo.
Cremos firmemente nos dereitos individuais das persoas pero tamén nos dereitos colectivos dos pobos que, coma o galego, teñen a súa propia identidade cultural, económica, lingüística e, polo tanto, a súa propia identidade política e o dereito de xestionala como consideren oportuno para os intereses dos seus cidadáns e cidadás.
As Mocidades de TEGA somos en definitiva, un grupo de rapaces e rapazas normais, que como todos os xoves estamos preocupados polo noso futuro e queremos facer algo para melloralo, convencidos de que un nacionalismo sen exclusións é o mellor xeito de conseguir que un día todos os mozos e mozas deste país poidan estudar, traballar e formar unha familia sen ter que deixar esta Terra á que xa lle toca deixar de padecer.
Porque “os tempos son chegados” aquí estamos a savia nova de Terra Galega para facelos realidade.